Foro del Club Veral
¿Quieres reaccionar a este mensaje? Regístrate en el foro con unos pocos clics o inicia sesión para continuar.

ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS

2 participantes

Ir abajo

ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS Empty ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS

Mensaje  Fouler Jue Ago 19, 2010 5:58 pm

Hai unhas semanas que me xuntei cuns colegas de Madrid para pegármonos unha paliza de crestas no Pireneo, o venres subimos a durmir ao refuxio de Estós e o sábado cedo comezamos subindo cara o Gías, logo fixemos os Claravides, pic S. Saud, enlazando con toda a cresta dos Gourgs Blancs, Jean Arlaud e toda a cresta de Seil de la Baque ata o Perdiguero, logo do pico Royo chegamos ao collado inferior de Lliterola onde descendimos cara ao refuxio do Portillón a pasar a noite. En total foron 23 tresmiles nunha xornada e, aínda que a idea era continuar ata o Lézat, non houbo forzas para chegar, cando pisamos o refuxio iamos literalmente destrozados, polo menos eu, pero a un nivel no que falar era un esforzo que te consumia, foran 12,5 horas a unha media de 120 pulsacións, as miñas pernas xa non coordinaban ben nin para andar de vagar. Sempre gozando!!

Ao día seguinte estabamos moito mellor, subimos ao Crabioules, ao pé do que deixaramos un deposito de material ao baixar, coa intención de cregar ata o Maupas, porén viamos entrar o marrón por Benasque así que despois de facer o pico Rabadá e o Navarro descendimos polo val de Remuñé, un descenso longo, en total 7 horas de actividade e 7 tresmiles máis. Foran 30 tresmiles nun finde e ao meternos no coche comezou a chover coma se os deuses estivesen cabreados. Déixovos con algunha foto, se queredes ver máis sobre a actividade de forma pormenorizada visitade o blog dun colega do que vos deixo o enlace, tamén poderedes ver un vídeo sobre a actividade.
http://www.pablovelasco.com/dblog/storico.asp?s=Perdiguero

Antes de comezar as dificultades que nunca pasarian de IV, Pablo, Jorge, Fernan e Jesus diante da arista dos pics des Gourgs Blancs
[img]ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS Crestas025[/img]
Na parte superior da arista que nos situaría no Perdiguero
ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS Crestas044
Boa foto que nos fai o Pablo ao Jorge e a min na arista que vai so Crabioules ao pico Rabadá

[img]ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS Arista[/img]

Fouler
lagartija

Cantidad de envíos : 21
Fecha de inscripción : 12/10/2009

Volver arriba Ir abajo

ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS Empty Re: ENCHENTA DE TRESMILES PIRENAICOS

Mensaje  Tony Lun Sep 13, 2010 6:46 pm

Que buena meu! Yo cuento con pasarme en Febrero con unos amigos vascos! Me han dicho que una maravilla esa zona! Que ganitas!!
Tony
Tony
lagartija

Cantidad de envíos : 16
Fecha de inscripción : 20/06/2010
Edad : 41
Localización : Lugo

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
No puedes responder a temas en este foro.